O alcalde e a concelleira de Ensino reuníronse co conselleiro de Educación, Román Rodríguez
Para analizar a situación actual dos centros de ensino do termo municipal. José Manuel López Varela e Patricia Bello fixéronlle chegar as reivindicacións das comunidades educativas e expuxéronlle proxectos de mellora das instalacións.

