O Pleno acorda incorporar aos orzamentos 600.000 euros procedentes do remanente líquido de tesourería
López Varela: “É necesario ante o incremento do gasto corrente e para financiar obras de mellora de infraestruturas e redacción de proxectos”. Tamén se aprobou a nova ordenanza municipal para o préstamo temporal de axudas técnicas asistenciais.

