• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Servizo de información por WhatsApp

O Concello da Laracha ten en funcionamento unha canle de comunicación mediante a aplicación WhatsApp co obxectivo de ofrecer á cidadanía información directa sobre eventos e noticias de interese e de carácter municipal.

PROCEDEMENTO DE ALTA E BAIXA

Para darte de alta e recibir as mensaxes do Concello da Laracha no teu WhatsApp, segue as seguintes instrucións:

1. Agrega ao Concello da Laracha como contacto. Podes facelo gardando na túa axenda o teléfono 628877667, facendo click nesta ligazón https://bit.ly/37I5yLZ ou escaneando este código QR:

    

2. Envía un WhatsApp coa palabra ALTA. Desde ese momento, a persoa usuaria dá o seu consentimento para recibir mensaxes informativos do Concello da Laracha.

3. Recibirás unha mensaxe de benvida confirmando a alta no servizo.

4. Para darte de baixa, envía unha mensaxe co texto BAIXA e deixarás de recibir a información.

 

NORMAS DE USO

Trátase dun servizo de comunicación unidireccional, polo que as persoas usuarias non poderán enviar mensaxes de resposta nin realizar consultas a través dese número de WhatsApp.

Ao darse de alta no servizo acéptanse as condicións e normas de uso expostas. O incumprimento das normas suporá a baixa automática por parte do administrador.

CONDICIÓNS DO SERVIZO

Para contactar co Concello da Laracha deben utilizarse os medios habilitados vía web (alaracha.gal), teléfono (981605001) ou presencialmente na Casa Consitorial.

Os datos facilitados polas persoas usuarias do servizo de información WhatsApp serán tratados polo Concello da Laracha en calidade de responsable de tratamento, coa finalidade de xestionar o envío da información. A base xurídica de lexitimación para o tratamento dos datos persoais radica no consentimento explícito manifestado ao darse de alta no servizo.

Os datos serán conservados mentres a persoa usuaria non solicite a baixa no sistema de comunicacións. Con todo, os datos poderán ser conservados, no seu caso, con fins de arquivo de interese público, fins de investigación científica e histórica ou fins estatísticos.

Os datos non serán cedidos ou comunicados a terceiros, salvo nos supostos previstos na Lei. Con todo, os datos poderían ser obxecto de cesión ou comunicación aos operadores de telefonía móbil ou outros servizos técnicos a fin de prestar o soporte necesario para o envío da información. As persoas usuarias do servizo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación ou, no seu caso, oposición, presentando un escrito no rexistro do Concello da Laracha, especificando cal dos dereitos solicita ser satisfeito e, á súa vez, deberá acompañar a fotocopia do DNI. No caso de que actuase mediante representante, legal ou voluntario, deberá achegar, tamén, documento que acredite a representación e documento identificativo do mesmo.

Así mesmo, en caso de considerar vulnerado o seu dereito á protección de datos persoais, poderá interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).