• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha

EN QUE CONSISTE O PROGRAMA HARMONIZA: CONCILIANDO NA LARACHA?

Programa municipal de apoio á conciliación da vida persoal, familiar e laboral que inclúe acollida, vixilancia, coidado, organización de actividades e almorzo dos/as nenos/as durante o curso escolar e durante as vacacións nos centros de ensino.

CONTIDO

Durante o curso escolar nos centros de educación infantil e primaria do municipio, o servizo préstase no propio colexio de luns a venres desde as 7:00 horas e ata o inicio do horario escolar establecido en cada centro.

Durante as vacacións nos centros de ensino (verán, Entroido, Semana Santa e Nadal), préstase en horario de 7:00 a 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.

CONDICIÓNS DE ACCESO

Dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos de idade.

Durante o curso escolar requírese estar matriculado nun centro de educación infantil e primaria do municipio. Durante os períodos de vacacións, está dirixido a persoas empadroadas no Concello da Laracha.

Os criterios de valoración para o acceso ao programa serán as necesidades de conciliación en base ás circunstancias laborais e outras situacións sociais e familiares que xustifiquen a necesidade de acceso ao servizo.

ONDE PODE SOLICITARSE INFORMACIÓN E FACER A INSCRICIÓN? 

No Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, situado na planta baixa do edificio administrativo da Laracha (Avenida Fisterra, 60). Tamén a través da Sede Electrónica.

  

DESCARGAS SEMANA SANTA 2026

Normativa

Inscrición

Anexo redución cota

Formulario solicitude redución prezo

 

DESCARGAS CURSO 2025-2026

Normativa

Inscrición

Anexo redución cota

Formulario solicitude redución prezo

INSTRUCCIÓNS ALTA PLATAFORMA PAGAMENTO

CEIP Otero Pedrayo

CEIP Alfredo Brañas

CEIP de Caión

Instruccións pagamento mensual co móbil

 

CANGURAXE

Dirixido ás familias con nenas e nenos desde os 4 meses aos 12 anos de idade. Contempla un conxunto de tarefas centradas nos coidados básicos e atención a prestar nos domicilios para cubrir necesidades puntuais, non de carácter estable ou estrutural prolongadas no tempo.

Horario: todo o ano de 7:30 a 22:00 horas, agás fins de semana e festivos.

Cada unidade familiar beneficiaria disporá dun máximo de 40 horas anuais.

Normativa

Inscrición

 

Cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade.

Financiamento Harmoniza