• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello denuncia o roubo dun dos xogos do parque infantil da área recreativa de Gabenlle

23/02/2022

O Concello denuncia publicamente o roubo dun dos xogos do parque infantil situado máis próximo á entrada principal á área recreativa de Gabenlle. Durante a pasada fin de semana desapareceu dese equipamento o columpio cesta, polo que a Policía Local abriu a correspondente investigación e procedeu a acordoar ese espazo para advertir da circunstancia.

Así mesmo, a área de recreo canino sufriu un acto vandálico que supuxo a rotura da fonte de auga que está a disposición dos usuarios deste equipamento municipal recentemente aberto ao público e que xa fora obxecto do roubo de parte do seu valado perimetral.

O Concello da Laracha lamenta estes sucesos, tanto polo custe económico da reparación dos danos como por tratarse de actos que perturban a tranquilidade dos veciños do termo municipal da Laracha, especialmente das persoas usuarias de ambos equipamentos.