Servicios Sociais
A ampla cobertura en servizos sociais, tanto no referido ao desenvolvemento de programas como á dispoñibilidade de infraestruturas, é o resultado do compromiso que no Concello da Laracha adquirimos cos nosos veciños para facilitarlles as labores diarias e mellorar a súa calidade de vida.
A dispersión e o envellecemento da poboación son características do municipio, e desde o Concello damos resposta ás necesidades tendo á disposición dos laracheses equipamentos da importancia do centro de día e fogar residencial, a escola infantil e os locais sociais da terceira idade nos tres cascos urbanos.
Ao longo de todo o ano tamén organizamos actividades relacionadas co envellecemento activo na procura de mellorar a saúde física e mental das persoas maiores.
No departamento de servizos sociais estamos á súa enteira disposición para informarlles sobre as convocatorias, tanto municipais como doutras administracións, e tramitar as súas solicitudes, incluíndo a Lei de Dependencia.
Rocío López
Concelleira de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Emprego