Reabertas á circulación as pistas forestais de Montemaior que foran danadas pola realización de talas
A empresa responsable realizou os traballos oportunos tralo requirimento do Concello, a incautación do aval e a apertura do expediente sancionador. A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade.

