Programas de compostaxe
COMPOSTAXE CASEIRA
A compostaxe caseira consiste no uso do sistema de compostaxe para poder reciclar os restos orgánicos que producimos nas nosas vivendas sen ter que tiralos ao lixo. Este método converte os restos de comida en compost que despois se pode aproveitar como fertilizante.
“TI TES A CHAVE” está operativo nos cascos urbanos da Laracha, Caión, Paiosaco e da Urbanización Monte Claro. As vivendas que se acollen ao “Voluntariado Marrón” comprométense a depositar só residuos sólidos urbanos nos colectores específicos marróns (5ª fracción de orgánicos) que están na rúa pechados con chave para evitar residuos impropios.
COMO PARTICIPAR?
Todas aquelas vivendas que queiran participar poderán facelo solicitándoo no Concello. Recibirán un KIT consistente nun cubo aireado de 10 litros, tres packs de bolsas compostables, información do proxecto e UNHA CHAVE para poder ter acceso a depositar a materia orgánica no colector.
Descarga: Tríptico programa "Ti tes a chave"
COMPOSTAXE INDIVIDUAL
Dirixida a vivendas unifamiliares con parcela anexa situadas en núcleos rurais, que poden producir compost de xeito doméstico mediante o uso dos composteiros. Solicita o teu composteiro no Concello.

