• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Política de privacidade

1. Información básica sobre protección de datos

2. Información detallada sobre protección de datos

Os datos persoais vinculados a páxina web e a sede electrónica responsabilidade do Concello da Laracha respectan as esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

2.1 Quen é o Responsable do tratamento?

Datos do Responsable:

  • Responsable: CONCELLO DA LARACHA
  • NIF: P1504200E
  • Enderezo: Praza do Concello s/n, 15145, A Laracha, A CORUÑA
  • Correo electrónico: sede@alaracha.es
  • Teléfono: (+34) 981605001

Delegado de Protección de Datos:

O artigo 37.1 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD), establece que as autoridades e organismos públicos teñen a obrigación de designar a un Delegado de Protección de Datos (DPD). Conforme o citado artigo, o Concello da Laracha designou o seu DPD na AEPD (Axencia Española de Protección de Datos) como pode consultar en Consulta DPD, e os datos de contacto son os seguintes;

O Concello da Laracha é responsable de manter un rexistro das actividades de tratamento baixo a súa responsabilidade en cumprimento das obrigas establecidas no artigo 30 do RXPD, pode consultalo no apartado Rexistro de Actividades de Tratamento nesta mesma páxina web.

2.2 Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

O Concello da Laracha tratará os datos persoais das persoas interesadas, con carácter xeral, para:

1.     Xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar sobre a súa tramitación.

2.     Verificar ou comprobar a exactitude dos datos persoais que as persoas interesadas declaren que xa obran en poder das administracións públicas ou que previamente xa se achegasen.

3.     Realizar notificacións e tramitar recursos.

4.     Xestionar peticións de información, suxestións, comunicacións en xeral e remitir boletíns informativos.

5.     Tramitar a súa inscrición as diferentes actividades culturais e deportivas.

2.3 Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

O Concello da Laracha está lexitimado para o tratamento dos datos de carácter persoal de acordo co principio de licitude do tratamento sinalado no artigo 6 do RXPD e, concretamente, para:

  • Con carácter xeral, no caso da actividade de procedemento administrativo a base xurídica dos tratamentos será o cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos, tendo en conta a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común; a Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público; Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, etc.
  • En determinados supostos o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas interesadas.
  • En todo caso, a base da lexitimación recollerase nas cláusulas informativas básicas dispoñibles nos formularios de recollida de datos persoais.

2.4 A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Os seus datos poderán ser comunicados, segundo a lexislación vixente e sempre que sexa necesario para a xestión do procedemento ou petición, a outras administracións públicas no exercicio das súas competencias, a entidades financeiras, a diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios do Concello da Laracha para dar a publicidade legalmente esixida nos procedementos onde sexa necesaria.

As cláusulas informativas básicas incluirán, en todo caso, os destinatarios concretos dos datos.

2.5 Durante canto tempo conservaremos os seus datos persoais?

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a súa supresión ou cancelación e sempre que resulten adecuados, pertinentes e limitados ao necesario para os fins para os que sexan tratados.

2.6 Realizaranse transferencias de datos a terceiros países?

Non se van a producir transferencias internacionais de datos.

2.7 Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais?

  • Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.
  • Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
  • Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos, incluído o dereito ao esquecemento.
  • Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no seu tratamento.
  • Limitación do Tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis aló da mera conservación dos mesmos.
  • Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

2.8 Terá a posibilidade de retirar o consentimento?

Terá a posibilidade e o dereito de retirar o seu consentimento para calquera finalidade específica outorgada no seu momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

2.9 Onde poderá exercitar os seus dereitos?

A persoa interesada poderá exercer os seus dereitos sen coste algún, recibindo unha resposta nos prazos establecidos no RXPD e a LOPDGDD, polos seguintes medios:

  • Por escrito no rexistro do CONCELLO DA LARACHA. Esta solicitude deberá ir asinada xunto coa copia do DNI ou pasaporte do interesado. No caso de que se actúe a través de representante legal deberá achegarse, ademais, o DNI e o documento acreditativo da presentación do representante.
  • Se o CONCELLO DA LARACHA tivese dúbidas razoables en relación coa identidade da persoa física que cursa a solicitude poderá solicitar a información adicional necesaria para confirmar a identidade do interesado.
  • O CONCELLO DA LARACHA deberá responder a solicitude no prazo dun mes dende a súa recepción. Este prazo poderá prorrogarse ata dous meses máis en caso de sexa preciso, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. O interesado, en calquera caso, será informado no prazo dun mes a partir da recepción da solicitude.

2.10 Como pode realizar unha reclamación perante a Autoridade de Control?

No caso de que non se respectaran os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) sita na rúa Jorge Juan, 6, 28001, Madrid ou mediante a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

2.11 Cales son as medidas de seguridade?

En cumprimento co artigo 32 do RXPD o Concello da Laracha, como responsable de tratamento, adoptará as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal que eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

As medidas de seguridade adoptadas polo Concello son aquelas requiridas de conformidade co establecido no citado artigo, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade adecuado ao risco existente.

Cando resultan de aplicación, as medidas de seguridade implantadas corresponden ás aplicadas de acordo ao Anexo II (Medidas de Seguridade) do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica.

3. Normativa de aplicación

4. Rexistro de Actividades de Tratamento

O obxectivo do Rexistro de Actividades de Tratamento (RAT) é que a cidadanía poida coñecer da forma máis exacta posible que tratamentos están a realizarse cos seus datos persoais cando os aporta ao Concello da Laracha.

A través deste rexistro descríbese, de forma conxunta que datos recóllense, con que fins trátanse, a quen se prevé comunicalos, se llos transfire ou non a terceiros países, o prazo de conservación dos mesmos, as medidas para preservar a súa seguridade, ea lexislación aplicable en cada caso. Nesta ligazón pode acceder ao RAT completo do Concello da Laracha: Rexistro de Actividades de Tratamento