• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Les Sables d´Olonne

 Sinatura irmandamento

 

O Concello da Laracha está irmandado con Les Sables d´Olonne (Francia) desde que en agosto de 2022 os alcaldes de ambos municipios, José Manuel López Varela e Yannick Moreau, rubricasen oficialmente o acordo.

Deste xeito actualizouse o irmandamento con Olonne sur Mer, vixente desde o ano 2010, unha vez efectiva a fusión, baixo a denominación Les Sables d’Olonne, dos tres antigos municipios franceses que formaban o País de Olonne: o propio Olonne sur Mer, Sables d´Olonne e Château-d´Olonne, que agora forman unha entidade única de máis de 45.000 habitantes.

A estreita e cordial colaboración entre as Corporacións Municipais e os Comités de Irmanamento de ambas localidades posibilita que se organicen e desenvolvesen conxuntamente diversas actividades que favorecen as relacións sociais, a promoción cultural, o turismo, a aprendizaxe das linguas e a práctica deportiva.

Esta iniciativa foi secundada polas asociacións culturais, clubs deportivos e centros educativos de ambas localidades, posibilitando levar a cabo actividades de intercambio.

Ligazóns:

https://www.lessablesdolonne.fr/
https://www.lessablesdolonne-tourisme.com/ (Turismo)