Medio Ambiente
Terra e mar danse a man no Concello da Laracha. Temos a sorte de contar cunha excepcional riqueza natural, tanto costeira como de interior, que durante os últimos anos logramos potenciar desenvolvendo programas e actuacións sempre desde o total respecto ao medio ambiente.
Sirvan como exemplo o paseo marítimo de Caión, as áreas recreativas de Gabenlle e de Santa Marta e os paseos fluviais dos ríos Anllóns e Vilán.
Puxemos en valor a nosa fauna e flora coa elaboración do inventario e estudo técnico da Rede Natura 2000, así como o río Anllóns coa creación dun couto de pesca e, especialmente, da ruta dos muíños, un paseo a pé polo que o camiñante se irá atopando con esas emblemáticas construcións restauradas, que tan importantes foron na historia recente da Laracha.
As ampliación das redes de abastecemento, saneamento e depuración de auga son prioritarias na política municipal. Estamos conseguindo levar estes servizos a cada vez máis núcleos de poboación rural tras dar cobertura integral aos tres cascos urbanos.
O respecto mediambiental tamén require da esencial colaboración e responsabilidade da veciñanza da Laracha e dos visitantes tanto á hora de coidar os nosos entornos naturais como do tratamento dos residuos.
Neste sentido, a correcta utilización dos colectores e o uso do punto limpo son cuestións fundamentais nas que todos podemos e debemos aportar o noso gran e area.
Neste apartado poderás resolver as dúbidas que poidas ter sobre esa cuestión.
José Ramón Martínez Barbeito
Concelleiro de Medio Ambiente, Persoal e Servizos Municipais.