• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Plan de transporte metropolitano

O Concello da Laracha forma parte do Plan de Transporte Metropolitano da área da Coruña.

As persoas residentes na Laracha poden beneficiarse das vantaxes que ofrece este programa, a través do que o propio Concello da Laracha e a Xunta de Galicia subvenciona parte do custo dos billetes de autobús en viaxes entre os municipios adheridos a este Plan. Os usuarios tamén teñen dereito a transbordos gratuítos nos autobuses urbanos da cidade da Coruña.

Para ser beneficiario do Plan de Transporte Metropolitano é preciso obter as tarxetas na oficina de Abanca da Laracha.

Ligazón:
Plan de Transporte Metropolitano