• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

QUE É O CIM?

É un servizo gratuíto para atender as demandas e necesidades das mulleres do Concello de forma individualizada e confidencial, dependente dos Servizos Sociais do Concello da Laracha, que proporciona con carácter permanente:

- Asesoramento e atención xurídica e psicolóxica.
- Atención xurídica, psicolóxica e asistencial específica para mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Información en materia de recursos. Orientación profesional.
- Realización de actividades formativas e informativas, cursos, charlas con temas de interese para as mulleres.

PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN

- O anonimato na identidade das usuarias e o principio de confidencialidade.
- O respecto á vontade das usuarias na procura de posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
- A gratuidade de todos os servizos que se presten.

ASESORAMENTO XURÍDICO

O labor de asesoramento xurídico abarcará todos os tipos de consultas que as mulleres do municipio nos desexen facer, centrándose sobre todo en:

- Dereito de familia.
- Información sobre medidas de apoio a persoas con discapacidade.
- Dereito laboral.
- Dereito da Seguridade Social e dereito administrativo e xeral.
- Dereito de estranxeiría.
- Dereito penal.
- Tramitación e acceso á xustiza gratuíta.

ATENCIÓN PSICOLÓXICA

- Asistencia, atención e apoio ás mulleres en situación de vulnerabilidade.
- Apoio e asesoramento en casos de maltrato.
- Asesoramento e orientación profesional, información, recursos asistenciais, tempo libre.

TÉCNICA DE IGUALDADE

- Detección de necesidades en materia de igualdade de oportunidades
- Prevención da violencia de xénero
- Información, orientación e asesoramento en materia de igualdade
- Programación, intervención e realización de proxectos de dinamización de políticas de igualdade.
- Execución de programas e medidas enmarcadas no Pacto de Estado
- Seguimento e avaliación das diferentes intervencións
- Asistencia técnica na aplicación da perspectiva de xénero de forma transversal
- Elaboración e emisión de informes de impacto de xénero.

Igualdade Deputación da Coruña

VIOLENCIA DE XÉNERO

Mención aparte merece esta función do CIM, xa que todos os servizos e recursos dos que dispón o centro se coordinan para cumprir unha das súas funcións prioritarias: a asistencia integral ás vítimas da violencia de xénero:

- Asesoramento xurídico integral.
- Asistencia á hora de poñer unha denuncia.
- Información e xestión do acceso á xustiza gratuíta.
- Asistencia psicolóxica para as mulleres vítimas de violencia, os seus fillos/as e persoas delas dependentes.
- Xestión, se fose necesario, de aloxamento alternativo.
- Información e xestión dos recursos dispoñibles.
- Servizo ATENPRO para mulleres vítimas de violencia de xénero.

HORARIOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

- Horario de apertura: de luns a venres de 8:30 a 15:30 h. / Xoves de 8:30 a 15:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
- Horario de atención psicolóxica: de luns a venres de 8:30 a 15:30 h. / Xoves de 8:30 a 15:00 h e de 17:00 a 20:00 h.
- Horario de atención xurídica: martes de 8:30 a 14:30 h / Xoves de 16:00 a 20:00 h.
- Horario técnica de igualdade: de luns a venres de 8:00 a 15:30 h.

ONDE ESTÁ O CIM?

Edificio administrativo.
Avda. Fisterra, 60. 15145 A Laracha.
Teléfono: 981 612 811
Fax: 981 606 331
Correo: cim@alaracha.es 

Teléfono da muller: 900 400 273 
Teléfono de información e asesoramento en materia de violencia de xénero: 016

 

DESCARGAS

IV Plan Estratéxico de Igualdade 2025-2028

Desartellando mitos sobre a violencia de xénero

Que podo facer eu? Guía de actuación fronte ás violencias machistas

 

FINANCIAMENTO

Financiamento CIM