• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Aula Mentor

Aula mentorO Concello da Laracha forma parte do programa Aula Mentor, que conta con máis de 350 aulas en funcionamento no territorio nacional.

Aula Mentor é un programa de formación en liña non regulada, flexible e con titorización persoal promovido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Está dirixido a persoas adultas e conta cun extenso catálogo de máis de 200 cursos, titorizados por un profesional da materia e con certificado oficial, cos que ampliar competencias persoais e profesionais.

Ademais de presentar todas as vantaxes da formación en liña, na Laracha os usuarios contarán cunha aula equipada e un administrador que lles axudará e guiará nas dúbidas referentes ao programa.

As persoas interesadas poden obter máis información en aulamentor.alaracha.gal, no 2º andar do Edificio Administrativo da Laracha (11:30 a 13:30 de luns a venres) ou no

teléfono 669 963 094.