Concello
O Concello desenvolve unha ampla campaña de poda de árbores en espazos públicos municipais
13/02/2022
O Concello ten en marcha a campaña de poda de árbores que se está a desenvolver en espazos públicos de diversos puntos do termo municipal. Os traballos lévanse a cabo na época do ano oportuna para este tipo de intervencións.
As actuacións máis amplas foron as xa realizadas hai varias semanas no campo da feira de Paiosaco e tamén na Avenida Fisterra á altura das Torres de Cillobre.
Nos últimos días acometeuse a poda das árbores situadas xunto ao acceso ao IES Agra de Leborís pola rúa Manuel Murguía e tamén se realizaron traballos de retirada de árbores caídas no río Anllóns á altura do Formigueiro, limpándose a canle fluvial e favorecendo a circulación da auga.
A próxima semana está previsto realizar a poda do álamo da praza xunto ao centro médico da Laracha. Tamén se levarán a cabo traballos de similares características noutras localizacións públicas do termo municipal que así o requiren, como a Praza do Concello e o parque Maximino Canedo. No paseo marítimo de Caión a intervención consistirán no rebaixe dos setos.
A campaña de poda de árbores que cada ano desenvolve o Concello da Laracha ten por finalidades mellorar a estética nos espazos públicos e previr que se produzan danos por posibles caídas de materia vexetal.