• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Axencia de emprego

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello da Laracha presta un servizo gratuíto de asesoramento e orientación en materias legais e laborais promovendo, tamén, a posta en marcha de accións de fomento do emprego a través de seminarios, cursos, charlas, etc.

O obxectivo desta axencia céntrase en prestar axuda de intermediación e promoción de desenvolvemento económico. Para iso realiza accións de información, asesoramento e formación e leva a cabo actuacións como:

Servizo de emprego:

Orientación laboral en materia de búsqueda de emprego.
Dispoñibilidade dunha bolsa de emprego.
Información e asesoramento en materia legal-laboral.
Información e asesoramento a emigrantes retornados.
Información e asesoramento laboral a colectivos (discapacitados, inmigrantes, persoas con risco de exclusión social).

Servizo de apoio ao autoemprego:

Estudo, asesoramento e tramitación de proxectos a emprendedores.
Información sobre trámites de constitución e posta en marcha dun novo negocio.
Asesoramento sobre elección da forma xurídica da nova actividade.
Información e tramitación sobre axudas e subvencións ás que poidan optar os emprendedores.
Realización de estudos de viabilidade sobre novas iniciativas de emprego.
Incentivar a vocación empresarial.

Servizo de apoio á empresa:

Asesoramento ás empresas en materia de subvencións á contratación, ampliación de capital, mellora competitiva, microcréditos...
Activar o tecido empresarial do municipio e detectar recursos inactivos e infrautilizados, susceptibles de novas actividades económicas.
Posta en marcha e colaboración na formación a empresarios e traballadores mediante diferentes programas dirixidos á mellora do pequeno comercio.

Servizo de promoción do emprego e desenvolvemento local:

Estudos, planificación, promoción e posta en marcha de programas e actividades diversas, relacionadas co fomento do emprego e a inserción laboral.
Posta en marcha de programas europeos diversos, como obradoiros de emprego ou programas formativos de especialización.
Información e promoción do parque empresarial da Laracha.
Programa de dinamización da Costa da Morte, poñendo especial atención no sector da hostalaría e o turismo.
Promover a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado laboral.