Parque Empresarial
O parque empresarial da Laracha, promovido pola sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico, foi inaugurado en xaneiro de 2011 para posibilitar a expansión da actividade industrial no municipio.
Cunha superficie urbanizada de 825.000 metros cadrados, esta área industrial converteuse nunha sensacional e atractiva posibilidade de inversión polas súas especiais características:
- Estratéxica situación xeográfica, vinculada coa área metropolitana da Coruña, no eixo A Coruña-Arteixo-Carballo e moi preto do porto exterior de Punta Langosteira.
- Excelentes comunicacións viarias, con entrada e saída directas desde o polígono á autoestrada A Coruña-Carballo.
- Ampla cobertura en servizos, incluída a rede de gas e as telecomunicacións.
- Orografía do terreo, que é chan en todo o ámbito.
- Diversidade na oferta de parcelas, con superficies que se adaptan a calquera tipo de uso.
- Vantaxes fiscais, con bonificacións no ICIO do 95%.
LIGAZÓN
Suelo Empresarial del Atlántico
VIVEIRO DE EMPRESAS MUNICIPAL
Un espazo para ti e o teu negocio
¿Estás pensando en emprender ou acabas de dar o paso? ¡Conta co teu propio espazo de traballo ou con unha das naves industriais para o teu desenvolvemento empresarial no Viveiro de Empresas do Concello da Laracha!
Ubicación xeográfica estratéxica, 8 postos independentes, sala de reunións, internet e teléfono, servizo de limpeza...
Programa de acollemento de empresas
Accede para obter máis información e asesorámoste: viveroempresas.alaracha.gal