• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Comeza a execución do proxecto de mellora da estrada do núcleo do Outeiro, incluíndo o acceso ao Santuario dos Milagres de Caión

23/02/2022

Xa están en marcha as obras do proxecto de mellora da estrada de Caión que parte da CP-1909, discorre xunto ao santuario dos Milagres e atravesa o núcleo de O Outeiro. Ao estar incluída no Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería do Medio Rural, a actuación será financiada integramente pola Xunta de Galicia.

O proxecto contempla a ampliación da anchura actual da zona de rodadura dos vehículos aproveitando o espazo dispoñible na marxe da calzada e a nova pavimentación da vía. En total será acondicionada unha distancia lineal duns 600 metros.

Ademais, en dous tramos reforzarase a seguridade coa colocación de biondas como barreira de protección que eviten posibles caídas de vehículos a distinto nivel.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto, desprazáronse ata o lugar das actuacións para comprobar o resultado dos primeiros traballos, que se prolongarán durante os próximos días.

O orzamento do proxecto alcanza os 45.000 euros.