Programa Educa en positivo
EN QUE CONSISTE?
Trátase dun programa complementario do “Programa de Educación Familiar” e vai dirixido ás familias e/ou unidades de convivencia pertencentes ó ámbito dos servizos sociais comunitarios que teñen menores a cargo que se atopan nunha situación socio-familiar que lles provoca vulnerabilidade y/ou risco social.
COMO SE DESENVOLVE?
O Proxecto “EDUCA EN POSITIVO” levarase a cabo a través de dúas accións:
- Acción 1: “UN PASO ADIANTE”. Dirixido a menores en idade escolar (primaria e secundaria) que se ven desfavorecidos a nivel educativo en relación á adquisición de competencias básicas e desenvolvemento das súas capacidades, por non estar en igualdade de oportunidades cos demais, menores do seu entorno. Prestaráselles apoio técnico-profesional consistente en apoio educativo coas tarefas escolares.
- Acción 2: “APRENDEMOS XUNTOS”. Dirixido ás familias. Serán tamén intervencións técnico-profesionais destinadas a dotar aos pais e nais de competencias emocionais, educativas e parentais necesarias para o exercicio dunha parentalidade positiva, a familias pertencentes á comunidades de referencia dos servizos socias comunitarios.
DONDE? CANDO?
O apoio escolar desenvolverase nos núcleos de Paiosaco (Centro sociocultural) e A Laracha (Edificio de Servizos Múltiples) de luns a venres en horario de tarde.
As escolas de pais e nais desenvolveranse quincenalmente en Paiosaco (Centro sociocultural) en horario de mañá.
QUEN PODE PARTICIPAR?
As familias e menores que se deriven dende o programa de Educación Familiar que é xestionado desde os servizos sociais.