O Concello inicia o proceso de contratación de catro proxectos de mellora de rede viaria
Afectan a estradas das parroquias de Lendo, Erboedo, Lemaio e Caión. O investimento total supera os 225.000 euros.
Afectan a estradas das parroquias de Lendo, Erboedo, Lemaio e Caión. O investimento total supera os 225.000 euros.
Invístense 134.000 euros na mellora da infraestrutura e outros 47.000 euros na substitución da maquinaria do ximnasio. Os proxectos son cofinanciados entre o Concello e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
O programa consta de catro espectáculos que se van realizas na Laracha, Paiosaco e Caión. Unha das funcións irá dirixida a bebes de 0 a 3 anos de idade.
Investiranse 393.000 euros na execución do proxecto da estrada que vertebra as comunicacións nesa zona da parroquia de Montemaior. Tamén foi aprobado o I Plan de Infancia e Adolescencia e a solicitude á Deputación para o financiamento da remusealización do Museo de Golmar, entre outros asuntos.
Coa colaboración económica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Recoméndase ás persoas interesadas en realizala comprobar que cumpren os requisitos na súa oficina de emprego de referencia.
Participaron 20 alumnos traballadores nas especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e limpeza en espazos abertos e instalacións industriais. O acto de clausura estivo presidido polos alcaldes de ambos municipios, José Manuel López Varela e Carlos Calvelo, e o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor.
Renóvase a superficie de rodadura, auméntase a seguridade viaria e protéxese o cruceiro existente colocando no seu perímetro un pavimento diferenciador. O proxecto, valorado en 70.000 euros, tamén inclúe intervencións en Samiráns e O Canle.
José Manuel López Varela interesouse pola situación actual dos traballadores da factoría e comprometeuse a secundar as súas reivindicacións para conservar o emprego. A planta siderúrxica xera douscentos postos de traballo entre directos e indirectos.
O goberno local propón á Corporación municipal incluílo no POS+ Adicional 2023. O Concello destina outros 62.500 euros á adquisición dos terreos afectados polas obras.
Vólvese sacar a licitación despois de que quedase deserto o concurso anterior. O orzamento alcanza os 250.000 euros e financiarase co apoio da Xunta de Galicia.
Debe formalizarse no edificio administrativo da Laracha. O 2 de outubro comezará a actividade. As dúas liñas de actuación son o taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e o espazo de participación cultural Exprésa-T.
Realizarase o martes 17 de outubro. O prezo é de 30 euros e inclúe viaxe, visitas e xantar. A preinscrición debe realizarse o luns e martes da próxima semana.