Consensuadas as iniciativas que se levarán a cabo nos colexios en prevención da violencia de xénero
A reunión foi presidida pola concelleira de Muller, Rocío López, e contouse coa presenza da directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha, Ana Aldao, e de representantes dos tres colexios (Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión), do Instituto Agra de Leborís, do centro médico da Laracha e do posto da Garda Civil deste municipio.