Concello
Aberta a inscrición para o servizo de aula lúdica nas festas do Entroido
11/02/2022
O Concello abriu a inscrición para o servizo de aula lúdica que se prestará os días 28 de febreiro e 2 de marzo con motivo das festas do Entroido como medida de axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar nesas dúas xornadas laborables e de vacacións nos centros de ensino.
O servizo, que se oferta a través do Programa Harmoniza e é gratuíto, prestarase nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo ambos días en horario de 9:00 a 14:00 horas. Vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos cuxos proxenitores xustifiquen a necesidade do servizo.
A inscrición debe formalizarse acudindo ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no edificio administrativo da Laracha. O prazo remata o luns 21 de febreiro.
Descarga: Impreso solicitude