Os Concellos da Laracha e Arteixo organizarán un novo obradoiro de emprego co apoio da Xunta de Galicia
Terá unha duración de doce meses e contará con 20 alumnos traballadores. Os traballos na Laracha centraranse na posta en valor do Castro de Montes Claros.