O PROGRAMA “DESEÑANDO O TEU FUTURO” COMEZOU CUNHA VISITA Á PLANTA DE CELSA ATLANTIC
Os trinta mozos que participan no programa de formación profesional Deseñando o teu futuro realizaron o 28 de xullo a primeira das actividades previstas, que consistiu nunha visita guiada á planta de Celsa Atlantic situada no ámbito do parque empresarial.