• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Laracha acollerá unha charla sobre a avespa velutina dirixida a todos os públicos

13/03/2019

O Concello da Laracha organiza a charla informativa sobre a avespa asiática (vespa velutina) que o próximo mércores (día 20 de marzo) impartirá na Casa da Cultura a partir das 20:00 horas Lolo Andrade, experto, investigador e técnico en insectos.

A iniciativa é aberta a todos os públicos que desexen participar e aclarar todas as súas dúbidas sobre esta especie invasora que durante os últimos anos se está deixando notar en diferentes puntos do termo municipal.

Entre os contidos da charla estarán a explicación de que é a avespa velutina e o seu ciclo vida, a maneira de actuar máis axeitada cando unha persoa detecte un niño e como deben realizarse os primeiros auxilios en caso dunha picadura, especialmente con persoas alérxicas.

O Concello da Laracha agasallará a todos os asistentes cunha trampa ecolóxica e un líquido atraínte para as avespas velutinas que é inocuo para o resto das especies, incluídas as nespras autóctonas e as abellas.

A participación será gratuíta para o público asistente e non se requirirá inscrición previa.