O Concello da Laracha inicia en Caión a campaña anual de desbroce nas estradas municipais
A campaña de desbroce das vías municipais xa está en marcha no Concello da Laracha co obxectivo de eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas. As actuacións comezaron a executarse na parroquia de Caión, incluíndo os accesos á praia por tratarse do ámbito de maior tránsito de vehículos nesta época do ano.