• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

Aberto o prazo para inscribirse no procedemento de selección dun animador cultural

13/03/2019

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe a convocatoria do Concello da Laracha para prover unha praza de animador cultural de novo ingreso e como persoal laboral fixo. 

Tras esta publicación no BOE, a partir de mañá ábrese un prazo de vinte días hábiles para que as persoas interesadas en participar no procedemento selectivo presenten a súa solicitude coa documentación requirida. Deberán facelo entre o 14 de marzo e o 11 de abril.

O sistema de selección será a oposición libre. As probas consistirán en tres exercicios, sendo o primeiro de tipo test, o segundo de preguntas curtas e o terceiro, o exame de coñecemento da lingua galega para os aspirantes que non acrediten estar en posesión do certificado Celga 3. 

As bases poden consultarse ao completo no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña do 15 de febreiro de 2019.

Conforme ao previsto na relación de postos de traballo do Concello da Laracha, a retribución que corresponde será de 20.368,92 euros brutos anuais.