• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello da Laracha celebra o Mes do Libro con eventos nas bibliotecas municipais en abril

06/04/2019

O 23 de abril celébrase en todo o mundo Día Internacional do Libro, sendo unha data programada co obxectivo de fomentar a lectura, especialmente entre os nenos. É tamén por ese motivo que abril é considerado como o Mes do Libro.

O Concello da Laracha, tal e como é habitual cada ano nesta destas, levará a cabo un amplo programa municipal de propostas para conmemorar o Mes do Libro con sesións de contacontos teatralizadas e dirixidas ao público infantil. Realizarase en abril nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.

Todos os eventos van dirixidos a nenos maiores de tres anos de idade e realizaranse a partir das 18:00 horas nas seguintes datas e localizacións:

  • Venres 12: Unha praia particular, de Trinketrinke Teatro. Biblioteca municipal da Laracha.
  • Luns 22: O xornal de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro. Biblioteca municipal de Paiosaco.
  • Mércores 24: O xornal de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro. Biblioteca municipal de Caión.
  • Venres 26: A cabaza encantada, de Teatro Calavera. Biblioteca municipal da Laracha.
  • Martes 30: Lobo Bobo, de Elefante Elegante. Biblioteca municipal de Paiosaco.

A participación en calquera destes eventos e actividades é gratuíta e non require inscrición previa.