A oficina municipal de atención ao consumidor atendeu máis de 1.500 consultas no ano 2022
No rexistro do Concello presentáronse 250 expedientes de reclamacións ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia. A maioría delas relacionadas coas facturas do subministro eléctrico, telefonía, talleres de reparación de automóbiles, compras por internet e paquetes de viaxes.

