• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello iniciará nos próximos días o procedemento de selección do persoal que formará as brigadas contra incendios

12/06/2020

O Concello da Laracha iniciará nos próximos días –previsiblemente, a semana que vén- o procedemento de selección das persoas que formarán as dúas brigadas municipais de prevención, vixilancia e defensa contra incendios.

Cada unha das cuadrillas estará formada por un xefe de brigada, un peón-condutor e tres peóns, polo que en total o Concello da Laracha contratará dez persoas para prestar este servizo.

O sistema selectivo será a oposición libre. Os aspirantes deberán realizar un exercicio de aptitudes físicas e, a continuación, o tribunal valorará os méritos daquelas persoas que o superaran.

As bases que rexerán o procedemento selectivo serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e na web municipal antes de abrirse o prazo de inscrición para aquelas persoas que desexen optar a unha das dez prazas.