• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Sorteadas as mesas electorais para os comicios autonómicos do 12 de xullo

15/06/2020

Hoxe tivo lugar o Pleno extraordinario no que foron sorteadas as mesas electorais para os comicios ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o vindeiro día 12 de xullo.

A sesión, que estivo presidida polo tenente alcalde José Ramón Martínez Barbeito, desenvolveuse na Casa da Cultura da Laracha.

No Pleno informouse á Corporación municipal de que as cinco mesas electorais da parroquia de Torás serán habilitadas no pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís en lugar do edificio da biblioteca municipal da Laracha. A instancias do Concello, o Instituto Nacional de Estatística autorizou o traslado a esas instalacións por ser máis amplas e, deste xeito, facilitar que as persoas que acudan a votar poidan cumprir o distanciamento social. Polo mesmo motivo, as dúas mesas da parroquia de Lestón serán ubicadas en dúas aulas do centro sociocultural de Paiosaco.