• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O concello reabre os parques infantís, as pistas polideportivas descubertas e os circuítos biosaudables

18/06/2020

O Concello procedeu hoxe á reapertura dos parques infantís, as pistas polideportivas e os circuítos biosaudables para uso e disfrute da veciñanza.

Durante os últimos días realizouse a limpeza e desinfección destes equipamentos municipais, facendo especial énfase nas superficies de contacto máis frecuentes. Unha vez realizadas as actuacións previas de posta a punto, retiráronse as cintas de seguridade que impedían o acceso desde a declaración do estado de alarma a mediados do mes de marzo.

As infraestruturas municipais que están abertas ao público desde hoxe, requiríndose o cumprimento do aforo máximo en cada unha delas, son as seguintes:

  • 15 parques infantís: tres na Laracha (Praza do Concello e parques o Recreo e Maximino Canedo), dous en Paiosaco (campo da feira e centro sociocultural da Porta Santa), un en Caión (A Insua), dous na área recreativa de Gabenlle e un na urbanización Monte Claro de Cabovilaño, Lemaio (praza do Igrexario), Golmar (museo), Vilaño (A Areosa), Lendo (O Cruceiro), Soandres (escola da Fraga) e Montemaior (escola de Cumiáns).
  • 8 pistas polideportivas descubertas: dúas na Laracha (xunto ao IES Agra de Leborís e parque Maximino Canedo), dúas en Cabovilaño (urbanización Monte Claro e O Vilar) e unha en Golmar, Lemaio, Soandres e Montemaior.
  • 4 circuítos biosaudables: A Laracha (parque Maximino Canedo), Caión (paseo marítimo), área recreativa de Gabenlle e urbanización Monte Claro de Cabovilaño.