• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

As cachelas de San Xoán soamente poderán realizarse en fincas privadas e cumprindo as medidas de seguridade establecidas polo Concello

16/06/2020

O Concello da Laracha soamente permitirá durante o San Xoán a realización de cachelas en fincas privadas, sendo necesario presentar a comunicación previa e cumprir a normativa de seguridade establecida.

O documento pode descargarse aquí e presentarse no rexistro xeral ou na sede electrónica. Entre outras cuestións, deberán indicarse os datos do organizador (particular ou asociación), o lugar exacto no que se vai realizar a cachela e o tipo terreo.

Debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, neste ano o Concello non permitirá as cachelas en ningún espazo público (rúas, prazas, praias, etc.).