• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O alcalde e a concelleira de educación reúnense coa directora do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco

19/06/2020

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Ensino, Patricia Bello, mantiveron unha reunión coa directora do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, Agripina Alfeirán, para analizar as principais necesidades que presentará o colexio de cara ao inicio do próximo curso escolar.

Aproveitando o encontro, os representantes do goberno local interesáronse polo desenvolvemento das obras de mellora das fachadas dos dous edificios do centro educativo. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, inviste máis de 23.000 euros na súa impermeabilización cun sistema de illamento térmico para o exterior (SATE), actuacións que están moi avanzadas e que se culminarán posteriormente co pintado exterior. A Xunta tamén procedeu á substitución da porta traseira do edificio principal do colexio.

Neste verán o Concello acometerá a mellora da cuberta da pasarela que comunica os dous edificios deste centro educativo.

No próxima semana o alcalde e a concelleira de Educación teñen previsto manter unha reunión cos directores dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha e Caión para coñecer de primeira man as necesidades perentorias para estes colexios no próximo curso escolar.