O Concello e a Confraría de Pescadores renovan o convenio de colaboración
Establece que o Concello da Laracha concede unha subvención nominativa de 5.000 euros dirixida a sufragar os custos do funcionamento e mantemento do Arquivo da Pesca, museo que é propiedade da Confraría de Pescadores.