O módulo de pintura industrial en construción do obradoiro de emprego actúa no campo A Porta Santa
Previamente xa traballara no complexo deportivo do campo de fútbol Municipal da Laracha (incluíndo, tamén, os muros no exterior e no exterior, así como actuacións no pavillón polideportivo e nas pistas de pádel). Outras intervencións xa acometidas centráranse no pavillón de Xermaña (Caión), nos centros socioculturais da Insua (Caión) e de Lendo e no edificio de servizos múltiples da Laracha.

