O CONCELLO E O HOSPITAL VETERINARIO XAROPE COLABORAN COA PROTECTORA DE CARBALLO
12/01/2016
O Concello da Laracha e o Hospital Veterinario Xarope doaron á Protectora de Carballo catrocentos quilos de pienso co dobre obxectivo de colaborar coa citada entidade e mostrar o seu apoio á labor que están a desenvolver en diferentes municipios da comarca de Bergantiños.
O alcalde, José Manuel López Varela, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e un dos xerentes da clínica, Gerardo Méndez, fixeron entrega dos sacos de comida para os cans a Sandra e Paula –voluntarias e representantes da Protectora- no local do centro veterinario, situado na larachesa rúa Santa Lucía.
A Protectora de Carballo xestiona un centro de acollida e realiza unha importante función de recollida de cans abandonados na Laracha e noutros municipios próximos.
Ademais, esta entidade ofrece a posibilidade a calquera particular que así o desexe de adoptar cans con todas as vacinas ao día e o correspondente microchip.