• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

A Asociación Cultural Arume de Caión, primeiro premio do Concurso de Panxoliñas “María Angeriz Tuset”

05/01/2016

O Coro Arume de Caión, gañador do primeiro premio do Concurso de Panxoliñas “María Angeriz Tuset”   O Concello da Laracha repartiu preto de 2.500 euros en premios no tradicional Concurso de Panxoliñas María Angeriz Tuset, celebrado o sábado 2 de xaneiro na Casa da Cultura da Laracha ante máis de douscentos espectadores.   

O xurado, composto por representantes das asociacións culturais de Montemaior, Santa María de Torás, Adro de Vilaño, Santa Lucía de Soandres e Fonte da Virxen de Estramil, foi o encargado de fallar os premios, divididos en tres categorías:   

Primeira categoría (350 euros):   

1º Premio: Asociación Cultural Arume de Caión. 

2º Premio: Coro Santiago de Vilaño. 

Segunda categoría (300 euros):   

1º Premio: Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco “Abrente”.

2º Premio: Coro Xuvenil Santa María de Torás.

3º Premio: Asociación Cultural Coro Santa María de Torás.   

Terceira categoría (275 euros):   

1º Premio: Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco “Axóuxere”. 

2º Premio: Coro As Salseiras de Caión. 

3º Premio: Asociación Cultural A Revoltaina.     

A contía económica dos premios é similar nas tres categorías de galardóns dado que o Concello da Laracha promove este concurso como un xeito de fomentar e subvencionar a actividade das asociación máis que como unha competición entre as mesmas.

Compartir: