O CONCELLO E LA CAIXA DOAN LOTES DE ALIMENTOS A CÁRITAS PARROQUIAL DA LARACHA
29/12/2015
O Concello da Laracha e a Obra Social laCaixa a través da oficina da entidade na Laracha realizaron unha doazón de lotes de alimentos a Cáritas Parroquial da Laracha para distribuílos entre as familias do municipio máis desfavorecidas.
Os lotes estaban formados por alimentos básicos non perecedoiros e tamén por produtos típicos das festas do Nadal.
No acto de entrega estiveron presentes en representación do Concello o alcalde, José Manuel López Varela, e Rocío López, concelleira da área de servizos sociais. Por parte de Cáritas Parroquial da Laracha acudiron os membros da súa directiva Orfi Méndez, Daniel Fuentes e María Jesús Riotorto, ademais do párroco de Torás D. Manuel Boullón.
A esta iniciativa destináronse un total de 1.500 euros, dos cales 1.000 euros foron achegados polo Concello e os outros 500, pola Obra Social laCaixa.