O Concello da Laracha repite triplo galardón de ADEAC: Bandeira Azul, Sendeiro Azul e Centro Azul de Educación Ambiental
Os distintivos de calidade son para a praia de Caión, o Sendeiro de Saldoiro e o Museo de Golmar.
Os distintivos de calidade son para a praia de Caión, o Sendeiro de Saldoiro e o Museo de Golmar.
Polo resto das estradas das vilas da Laracha, Paiosaco e Caión só se poderá circular a 30 ou 20 km/h. A nova normativa entra hoxe en vigor no marco da iniciativa “Cidades 30” da Dirección General de Tráfico.
Hoxe estase pavimentando a nova estrada, que xa foi aberta para os vehículos de transporte escolar do IES Agra de Leborís. O investimento alcanza os 245.000 euros.
Ofrece formación en liña non regulada para adultos co propósito de que poidan ampliar as súas competencias persoais e profesionais.
Préstanse a través do Programa Harmoniza de axuda á conciliación. Ambos contan con protocolos de actuación para a prevención de contaxios da covid.
É o trámite urbanístico inicial necesario para posibilitar a futura ampliación das instalacións. O Pleno será o órgano competente para elevar a aprobación a definitiva.
Instalarase un novo pavimento continuo de caucho e serán substituídos os xogos. Xunto á intervención realizada no parque da escola infantil, o investimento alcanza os 40.000 euros.
Será habilitada na parcela de titularidade municipal situada na confluencia das avenidas Manuel Fraga e Bos Aires. O Concello investirá 35.000 na construción deste novo equipamento pensando para facilitar o exercicio e as interaccións sociais dos cans.
A iniciativa máis novidosa será o concurso de marcapáxinas. Tamén haberá teatro, contacontos e un obradoiro na Laracha, Paiosaco e Caión.
A vía foi cortada ao tráfico por danos na estrutura provocados polos temporais. Invístense 15.000 euros na nova drenaxe transversal, pavimentación e ampliación da calzada.
O Concello investirá máis de 81.000 euros na adquisición dos terreos necesarios para ampliar a rúa José Añón e vincular maior superficie ao recinto do colexio.
Nove peóns, dous capataces e dúas persoas para servizos xerais. O novo persoal estará operativo a partir da semana que vén.