A Laracha recibe a visita do alcalde do municipio caboverdiano do Tarrafal
Hoxe mantivo un encontro co rexedor local, José Manuel López Varela, e reuniuse con profesionais dos sectores produtivos do municipio. A iniciativa foi organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

