• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello mellora a accesibilidade e aumenta as prazas de aparcamento na Avenida Fisterra da Laracha

13/04/2023

O Concello está a completar a execución das obras de mellora da accesibilidade no tramo da Avenida Fisterra situado entre os puntos de confluencia coas rúas Santa Lucía e Silverio Moreda, en pleno centro do núcleo urbano da Laracha.

O establecemento do sentido único da circulación na rúa Silverio Moreda implicou modificacións neste punto da rede viaria como medidas de reforzamento da seguridade, como foi o traslado do paso para peóns e a instalación de nova sinalización.

Agora o Concello está a intervir no lugar co dobre obxectivo de adaptar o bordo da beirarrúa para facela máis accesible para os peóns e de aproveitar a totalidade do espazo da marxe da calzada como zonas de aparcamento de vehículos en liña.

Esta actuación dá continuidade ás realizadas recentemente noutros puntos da rede viaria da capital municipal como na Avenida de Caión á altura da parada de taxis e no entrada principal á Praza do Concello e tamén na rúa Santa Lucía.