O Museo dos Muíños de Golmar está aberto ao público de luns a venres en horario de mañá
En horario de 11:00 a 15:00 horas. A entrada é gratuíta.
En horario de 11:00 a 15:00 horas. A entrada é gratuíta.
En compañía do alcalde, José Manuel López Varela, e dos concelleiros José Ramón Martínez Barbeito, Jesús Souto e Patricia Bello, a directora percorreu a Praza do Concello, o campo da feira de Paiosaco e a área recreativa de Gabenlle, zonas nas que se instalaron novos paneis e indicadores que ofrecen información de calidade aos viaxeiros e lles facilitan a súa visita.
Nos últimos días foron colocados un total de dezaoito paneis de 1,4 metros x 1,4 metros de dimensións en localizacións estratéxicas tanto dos núcleos urbanos como de determinadas parroquias por tratarse de lugares de referencia turística no termo municipal.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte escolleu o museo do Arquivo da Pesca de Caión para levar a cabo ao longo desta mañá o seminario técnico de museos de temática mariñeira, unha iniciativa dirixida a poñer en valor a Ruta dos Faros e, tamén, a marca turística MarGalaica.
Durante as últimas semanas leváronse a cabo os procedementos de contratación de ambos plans, que suporán un investimento total de 60.000 euros, contándose co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial da Coruña para o seu cofinanciamento.
A Oficina de Información Turística do Concello da Laracha vén de elaborar o seu informe correspondente a xullo e agosto, no que se reflicte o perfil das persoas que fixeron uso deste servizo municipal durante os dous meses centrais do verán.
Participan trece establecementos (tres máis que no primeiro concurso), que en todos os casos deberán elaborar as súas tapas con froitas, verduras e legumes e ofrecelas ao público ao prezo de 1 euro o venres (de 19:00 a 22:00 h), sábado (11:30 a 15:00 e 19:00 a 22:00 h) e domingo (11:30 a 15:00 h).
O evento foi presentado no Concello nun acto presidido polo alcalde, José Manuel López Varela, e no que estiveron presentes representantes das asociacións de produtores e tamén dos locais de hostalería que participarán no II Concurso A Laracha de tapas, que se celebrará ao longo desa fin de semana.
Na praia de Caión volve a ondear a Bandeira Azul despois de que unha ampla representación do goberno local realizasen no mediodía do venres 30 de xuño o seu tradicional izado.
José Manuel López Varela (alcalde da Laracha), José Ramón Martínez Barbeito (tenente alcalde) e Patricia Bello (concelleira da área de turismo) recolleron de mans de Alberto Núñez Feijóo (presidente da Xunta de Galicia) e Beatriz Mato (conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) a Bandeira Azul que ondeará neste verán na praia de Caión. O acto celebrouse no Monte Real Club de Yates de Baiona.
O Concello da Laracha está a levar a cabo os labores oportunos dirixidos á posta a punto tanto do paseo marítimo de Caión como da praia e os seus espazos complementarios para que o areal e o seu entorno estea en óptimas condicións de cara á Semana Santa.
Unha trintena de laracheses están a participar nesta semana na excursión á Sierra de Francia (Castela e León) e ao Valle del Jerte (Extremadura) dirixida a persoas xubiladas e pensionistas maiores de sesenta anos de idade que é organizada polo Concello. O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, forman parte da expedición.