• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A ASOCIACIÓN CMAT IMPARTIRÁ NA LARACHA UN CURSOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DIRIXIDO A PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA

28/03/2017

O Concello da Laracha acollerá durante os meses de abril e maio un curso de comportamento social e atención ao público dirixido aos profesionais do sector da hostalería. A organización será a cargo da asociación de turismo CMAT Costa da Morte. 

Ao longo das vinte horas de duración da acción formativa exporanse técnicas e claves para mellorar a comunicación verbal e non verbal, a expresión de cara ao público, o tratamento ao cliente, o protocolo social profesional e as boas formas para resolver cuestións inesperadas con intelixencia emocional. Ademais, os participantes aprenderán a elaborar soportes para o seu negocio (cartas de comidas e outros documentos), técnicas de marketing e a linguaxe que debe empregarse nas redes sociais a nivel profesional.

A acción formativa realizarase no novo edificio administrativo da Laracha en oito sesións de dúas horas e media (horario de 10:00 a 12:30 horas) os días 4, 6, 18, 20, 25 e 27 de abril e 2 e 4 de maio.

A inscrición no curso é gratuíta e debe formalizarse chamando ao 981 10 60 60 ou ben enviando unha mensaxe ao correo electrónico cursoscmat@gmail.con indicando o nome completo, DNI, teléfono e o establecemento hostaleiro no que o alumno desenvolve a súa actividade profesional.