O Concello mellora as instalacións da escola infantil da Laracha de cara ao reinicio da actividade en setembro
As obras principais consisten na substitución do solo nos espazos no que se atopaba máis deteriorado. O investimento alcanza os 15.000 euros. Actualmente está aberto o prazo de solicitude de prazas no segundo período de admisión. Deben tramitarse a través da web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.