O Concello transformará Servizos Múltiples nun Edificio Interxeracional enfocado a persoas de todas as idades
O proxecto está valorado en preto de 1,4 millóns de euros e foi dos mellor valorados entre os presentados á convocatoria de axudas do Instituto para la Transición Justa. O inmoble albergará novos espazos e equipamentos, e será enerxeticamente eficiente.

