A segunda edición do slálom “Concello da Laracha” celebrarase o 29 de xuño
Os promotores, Escudería Arteixo Motorsport e Federación Galega de Automobilismo, mantiveron unha reunión co Alcalde no Concello. A organización pretende afianzar e consolidar na Laracha esta proba puntuable para o campionato galego.