O Concello programa obradoiros infantís no museo de Golmar
Realizaranse os sábados 11 e 18 de setembro en horario de mañá e van dirixidos a nenos de entre 6 e 12 anos de idade. A inscrición e gratuíta. Requírese cubrir o formulario que estará dispoñible desde mañá na web municipal.

