O Concello e o I.I.S. Vendramin Corner de Venecia organizarán un novo programa de intercambio xuvenil
En virtude do convenio de colaboración asinado entre o alcalde e o centro de formación profesional da localidade italiana. No mes de xullo catorce laracheses desfrutarán dunha estancia dunha semana en Venecia para desenvolver competencias, habilidades e destrezas vinculadas a diferentes áreas formativas, deportivas e culturais.

