• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O alcalde e a presidenta de Portos de Galicia mantiveron unha reunión de traballo no peirao de Caión

17/11/2021

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, acompañados polos concelleiros Jesús Souto e José Ramón Martínez Barbeito, mantiveron hoxe unha reunión de traballo en Caión para analizar diversas cuestións que afectan tanto ás infraestruturas como ao funcionamento do peirao desa localidade.

Un dos asuntos tratados centrouse na procura da mellor solución para as piscinas interiores da nova zona portuaria, onde se está a estudar unha intervención que posibilite unha máis óptima organización e aproveitamento dos espazos existentes.

Tamén se abordaron temas técnicos, entre eles o relativo á ocupación do dominio público portuario para o desenvolvemento de iniciativas de interese xeral para a cidadanía.

Na xuntanza púxose de manifesto a boa sintonía entre o Concello e Portos de Galicia para traballar xuntos polo ben común de mellorar o peirao caionés en beneficio tanto da actividade portuaria desenvolvida polos profesionais da pesca e as embarcacións de recreo, como da poboacións larachesa e o sector turístico en xeral.